viernes, 3 de abril de 2015

Monforte de Lemos constrúe en 3D

Dentro das actividades culturais e científicas do Concello de Monforte organízase un concurso de deseño e impresión 3D. Trátase de apoiar e difundir o uso das novas tecnoloxías entre o alumnado dos tres institutos da cidade.

Un dos obxetivos deste concurso é estimular o interese e a curiosidade pola ciencia e a tecnoloxía nos alumnos, invitándoos a deseñar e construir distintos elementos en tres dimensions, xa sexan mecanismos, obxetos, reproducions históricas, etc…
Nesta primeira edición do concurso poderán participar gratuitamente na categoría “Centros de Ensino” e na categoría “Individual” todos os alumnos dos centros educativos coorganizadores do concurso: I.E.S. Daviña Rey, I.E.S. Río Cabe, e I.E.S. A Pinguela.

Bases

O concurso está composto por dúas categorías:
1.- UNHA COLECTIVA a nivel de centro educativo, na que poderán participar os tres centros educativos equipados cunha impresora en 3D e que participaron nas xornadas de formación en 3D organizadas polo Concello de Monforte de Lemos: IES A Pinguela IES Daviña Rey IES Río Cabe
2.- UNHA INDIVIDUAL a nivel de alumnos/as dos centros educativos na que poderá participar calquera alumno/a dos tres centros educativos citados.

No concurso COLECTIVO o tema do proxecto estará relacionado con algunha das materias que cursan os alumnos/as nos centros educativos. Serán proxectos de investigación teórica con aplicación práctica, nos que os alumnos, por equipos, realizan un traballo de investigación sobre o tema que teñan elixido para o concurso, o tipo de elemento ou peza que queren realizar e deseñar a peza ou conxunto de pezas necesarias para levalo a cabo.
A documentación que se debe presentar para participar no concurso consistirá nunha breve memoria con explicación razoada sobre “o por qué” do tema elixido e do deseño realizado, acompañada do ficheiro ou ficheiros informáticos necesarios para poder visualizar e imprimir a peza ou pezas a imprimir.

No concurso INDIVIDUAL o tema do proxecto estará relacionado coa cidade de Monforte de Lemos e poderá consistir na reprodución dalgunha das súas edificacións e construcións máis singulares como os Escolapios, a ponte vella sobre o río Cabe, a Torre da Homenaxe de San Vicente, etc.; ou calquera outro elemento relacionado coa cidade.
A documentación que se debe presentar para participar no concurso consistirá nunha breve memoria con explicación razoada sobre “o por qué” do tema elixido e o deseño realizado, acompañada do ficheiro ou ficheiros informáticos necesarios para poder visualizar e imprimir a peza ou pezas a imprimir.

 

Entrega e avaliación de traballos

Os traballos presentados deberán ser orixinais, admitíndose modificacións de pezas base, sempre e cando  o resultado da modificación sexa claramente diferente do orixinal.
Para garantir a transparencia do concurso, tanto os equipos como os concursantes individuais presentarán os seus traballos identificados cun “alias”, de tal modo que só se coñecerá  a identidade dos concursantes despois de ter  sido valorados os traballos.
O xurado estará composto por un representante de cada centro educativo e dous representantes  designados polo concello.Teranse en conta os seguintes criterios: a relación co tema elixido, a orixinalidade da peza creada, a claridade da explicación, o grao de dificultade da peza e a súa calidade de acabado unha vez impresa.
Os traballos serán entregados no Concello de Monforte de Lemos, no departamento de informática como data tope o día 15 de Maio de 2015 as 14 horas.
O xurado reunirase o venres dia 5 de xuño no Concello de Monforte de Lemos ás 12:00 horas.

Premios

Os premios achegaraos o Concello de Monforte de Lemos, sendo os seguintes:
COLECTIVO.
1º premio e único: 1 impresora 3D. (WitBox)
O resto dos participantes recibirán un diploma
INDIVIDUAL.
1º premio e único: 1 kit Prusa i3 HEPHESTOS
Diplomas: como finalistas para os 2  seguintes traballos
Agasallo para os mellores traballos de: ESO, BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS.

Enlace á presentación do concurso na web do Concello
Descarga aquí as bases do concurso